ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

05/04/2023

Colectivos ecoloxistas, ambientalistas, sociais e culturais de Lugo asinan o manifesto na Defensa do Val do Río Rato

ADEGA xunto con unha trintena de colectivos de Lugo e provincia, veñen de asinar un manifesto na defensa do val do río Rato, pulmón verde de Lugo, ameazado polo proxecto de construción da Rolda Leste.

+info

17/03/2023

ADEGA reclama á CHMS que denegue a autorización do proxecto da Rolda Leste, sen avaliación ambiental

Pese a que o proxecto contempla unha autoestrada urbana nun dos enclaves mellor conservados da cidade de Lugo, e afectará a cursos fluviais, non se vai a someter a avaliación ambiental.

+info

02/03/2023

ADEGA Lanza a campaña "Salvemos o pulmón verde de Lugo" en contra da Rolda Leste

Durante o mes de marzo desenvolveranse diferentes actividades de divulgación dos valores ecolóxicos e sociais da zona, así como un debate político.

+info

30/01/2023

ADEGA Lugo convoca unha reunión informativa sobre o PE Picato e require a actuación do Concello e Deputación de Lugo

ADEGA-Lugo promove unha reunión o vindeiro mércores ás 20.30 no local de Fontiñas para informar a veciñanza sobre este proxecto con graves afeccións ambiental, cultural e social autorizado pola Xunta de Galicia.

+info

26/12/2022

ADEGA Lugo denuncia que o Concello agasalla árbores vivas como adornos do Nadal

Estes días a área de Medio Ambiente repartiu árbores de Nadal vivas para fomentar o comercio local. Dende ADEGA exiximos transparencia, e se informe da orixe e destino das árbores, así como dos custos xerados pola actuación.

+info

11/10/2022

ADEGA Lugo da comezo ao programa de roteiros deste curso 2022/23 "Depredación da natureza ou autosuficiencia"

Este domingo 16 de outubro damos comezo ao programa de roteiros do curso 2022/23 con andainas polas provincias de Lugo e Ourense, reivindicando a necesidade de conservación da biodiversidade, e a soberanía dos pobos para afrontar a crise ecolóxica.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal