ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
28/07/2020

ADEGA e Ríos con Vida instan á corporación municipal de Lugo a incorporar no PXOM definitivo todos os ríos e regatos do municipio

ADEGA e Ríos con Vida, veñen de lembrarlles á corporación municipal de Lugo que perto de 400Kms de treitos fluviais están sen grafar no 5% do PXOM pendente de aprobación e que poderían atoparse en risco ante o desenvolvemento urbanístico proposto.

+info

23/07/2020

Colectivos ciclistas e ecoloxistas promoven campaña para fomentar a bicicleta nos desprazamentos ás praias de Vigo

Colectivos ciclistas e ecoloxistas, entre eles ADEGA Vigo, lanzan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta nos desprazamentos á praia en Vigo

+info

02/07/2020

ADEGA Lugo presenta as xornadas ambientais de verao "Os catro elementos"

Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.

+info

28/06/2020

Presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol de 25 xuño e aprobado por maioría da corporación

Aprobado no pleno do Concello de Ferrol a proposta de Adega sobre melloras medioambientáis en relación coa crise do coronavirus.

Ferrol 25 xuño 2020. Moción presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol , e aprobada por maioría da corporación referentes a medidas medioambientáis de mellora a tomar en relación coa crise do coronavirus.

+info

27/05/2020

107 colectivos recorren as Ordes da Xunta que permiten tramitar proxectos ambientalmente agresivos durante o estado de alarma

Tamén solicitan á Delegación do Goberno en Galicia que revise se estas disposicións se axustan a Dereito.

107 colectivos presentaron Recurso de Reposición fronte as dúas Ordes da xunta que permiten a continuidade da tramitación de preto de 1000 proxectos agresivos co medio ambiente durante o estado de alarma.

+info

11/03/2020

ADEGA cuestiona a construción da Rolda Leste

Ante a previsión por parte da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da construción da Rolda Leste en Lugo, cuestionamos a necesidade e beneficio dunha vía deste tipo, tendo en conta os impactos que vai xerar.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal