ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
19/01/2024

Especial chamamento ao Voluntariado para participar na manifestación deste domingo "En defensa do mar"

ADEGA fai un chamamento á cidadanía galega para que participe masivamente na manifestación “En defensa do mar”, convocada pola plataforma “Nunca Máis” para o vindeiro domingo, 21 de xaneiro, en Santiago de Compostela.

+info

17/01/2024

ADEGA convoca novas limpezas ante a marea de pellets en praias de Cangas, Muros e Barreiros este sábado

A asociación ecoloxista coordinou a semana pasada máis de 210 persoas voluntarias que retiraron en torno a 24 kg de pellets e máis de 100 kg doutros residuos.

A asociación ecoloxista coordinou a semana pasada máis de 210 persoas voluntarias que retiraron en torno a 24 kg de pellets e máis de 100 kg doutros residuos.

+info

16/01/2024

ALTRI ocultou información sobre o impacto da súa fatoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo

O proxecto da celulosa na Ulloa obvia que vai ocupar un territorio proposto pola Xunta para integrar a Rede Natura 2000 e que contén endemismos galegos en perigo de extinción

+info

15/01/2024

ADEGA apela á conselleira de Medio Ambiente para que actúe con maior axilidade e transparencia ante incidentes de contaminación mariña

ADEGA reuniuse esta mañá coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente da Xunta, Ánxeles Vázquez, para demandarlle unha xestión pública máis áxil e responsable ante incidentes de contaminación mariña.

+info

13/01/2024

ADEGA advirte a eurodeputados, de visita en Galiza, a necesidade de endurecer as normas contra a contaminación por plásticos

Nestes días, parlamentarias europeas visitan Galiza para coñecer a realidade da marea plástica nas nosas costas. ADEGA trasladoulles unha serie de reivindicacións mínimas para atallar novas crises ambientais provocadas por estes contaminantes

+info

11/01/2024

ADEGA Lugo reúnese co grupo municipal do PP

Continuando com as entrevistas solicitadas por ADEGA-Lugo, na passada quinta feira reuniu-se representantes deste coletivo com representantes do Partido Popular do Concelho de Lugo.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal