ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / AUGA: Roda poética e andaina pola beira do...

28-08-2022

AUGA: Roda poética e andaina pola beira do Miño (Lugo)

A poesía, presente en todas as cousas, pode ser unha potente arma reivindicativa. Nesta ocasión xuntarémonos ao redor dunha roda na que participarán as poetas Carmen Branco, Isabel Losada, Toño Núñez, Eladio Rodríguez e Adela Figueroa, e todas as persoas que queiran adicar unhas verbas á natureza, especialmente á auga.

Ao rematar faremos unha andaina polo Paseo do Miño, comezaremos dende a Tolda e chegaremos até a Fábrica da Luz, comprobaremos in situ o estado dos proxectos que se están a desenvolver na contorna do río Miño, a praia fluvial, as piscinas de auga quentada, a fábrica da luz... 

Adela Figueroa poeta e presidenta de ADEGA Lugo, será quen nos guíe neste percorrido.

O punto de encontro será ás 11h no aparcadoiro que hai no Parque do Miño, á altura da Tolda. Recoméndase levar auga, e comida para xantar todas xuntas ao rematar a actividade no parque do Miño á altura da Fábrica da Luz. 

Como chegar

Para chegar á Tolda pódese coller o bus urbán nº3 que pasa por Sindicatos, Fontiñas e as Universidades. 
Finalizaremos o percorrido na Fábrica da Luz, onde podemos coller a liña 8 que chega ata o centro, á rúa Bolaño Ribadeneira.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal