ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Lotaría de Nadal de ADEGA. Reserva as...

Do 19-11-2021 ao 20-12-2021

Lotaría de Nadal de ADEGA. Reserva as últimas participacións!

ADEGA reservou o número 56170 da Lotería de Nadal para vender co obxecto de recadar fondos para o noso labor ecoloxista. Xa nos quedas poucas participaciós de reserva, polo que se non queres ficar sen ela, acode o antes posible aos locais de ADEGA ou escribe a itziar@adega.gal para solicitar participacións!!

Tamén podes acudir ao local de ADEGA en Santiago de Compostela (Av. Castelao 20 baixo), ou á sede de ADEGA en Lugo (Ronda Fontiñas, 180 Ent.) para mercar as túas participacións antes do 15 de decembro.

Cada participación custa 5€, dos cales xogas 4€. Tamén participarás no sorteo dun lote de produtos ecolóxicos que se entregará a quen posúa o recibo co número de serie que coincida coas catro últimas cifras do premio gordo da Lotaría de Nadal o 22 de decembro de 2021.

Tamén podes mercala nesta ligazón: https://www.amillonaria.gal/loteria-empresas-verlot.php?GadMS=1

Para máis información: itziar@adega.gal ou 981570099.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal