ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Asina o manifesto Salvemos o Macizo Central!

30-07-2021

Asina o manifesto Salvemos o Macizo Central!

Salvemos O Támega - ADEGA Monterrei publicou o pasado 23 de maio o o manifesto “Salvemos O Macizo Central” co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a gravísima ameaza que o Parque Eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central, o seu valiosísimo patrimonio natural e cultural, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía das zonas afectadas a medio prazo.

A través deste manifesto, a delegación de ADEGA en Monterrei procura reunir o máximo apoio social de cara ao rexeitamento deste megaproxecto eólico formado por 28 aeroxeradores, cunha potencia de 154 MW en total, unha auténtica aberración ambiental e paisaxística, que chega da man do grupo noruegués Statkfrat e que está a ser tramitado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Enlace ao manifesto completo:https://salvemosomacizo.wordpress.com/galego/ 

ASINA

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal