ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre Especies Exóticas...

Do 02-06-2023 ao 14-06-2023

Exposición sobre Especies Exóticas Invasoras no IES Laxeiro de Lalín

A exposición 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza' de ADEGA viaxa ata o IES Laxeiro, en Lalín, para mostrar ao alumnado a problemática que supoñen as Especies Exóticas Invasoras para os ecosistemas fluviais.

Ademais dunha visita guiada pola mostra, a asociación tamén organizará no marco do Proxecto Fluviatilis unha saída ao río na que analizar o seu estado e identificar de primeira man estas especies presentes nel. Estas dúas actividades terán lugar o próximo 14 de xuño.

As actividades de sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, entre eles centros de ensino, son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA, que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais.

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal