ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA participa no Programa Céntimo...

Do 26-05-2023 ao 27-10-2023

ADEGA participa no Programa Céntimo Solidario de Eroski

ADEGA participa no Programa Céntimo Solidario de Eroski, no marco do cal promoverá limpezas ecolóxicas ao longo da Costa da Morte durante este ano 2023.

O lixo mariño é unha das grandes problemáticas actuais e con este tipo de accións ADEGA quere axudar a preservar os ecosistemas e crear unha conciencia cidadá.

Implicar a cidadanía e formala para este tipo de accións é imprescindible para poder manter ecosistemas coidados.

Axúdanos a coidar da Costa da Morte con ese céntimo solidario e únete ás nosas limpezas!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal