Inicio /
Axenda /
ADEGA /
Mobilizacións da Coordinadora...
11-12-2022
Mobilizacións da Coordinadora Eólica Así Non do 11D
Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización descentralizada fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país e que descorrerá baixo o lema "Na defensa das montañas. Eólica Así Non. Temos alternativa”.
Serán 19 as concentracións repartidas por toda Galiza, nas seguintes localidades:
- A Baña: 12h. Manifestación desde Área recreativa Agra de Chans ata a Praza do Concello.
- A Fonsagrada: 12h. Concentración no Mirador dos Tres Bispos (Rúa Antón Fraguas).
- Becerreá: 12h. Concentración na Praza do Concello.
- Coristanco: 12h. Concentración na Praza do Concello (Avda. Finisterre 112, Rúa do Muíño.
- Encoro de Cecebre: 12h. Concentración no Encoro de Cecebre (AC221, p.k., 7,5)
- Forcarei: 11H. Concentración e manifestación (depende da climatoloxía) na Praza da Igrexia.
- Foz: 12h. Concentración e roteiro dende a Igrexa de San Martiño de Mondoñedo.
- Lugo: 9hMarcha dende San Xoán do Alto, e ás 12h concentración e recital diante do Multiusos da Xunta.
- Meira: 12h Concentración na Praza do Concello.
- Moaña: 12.30h Concentración na Praza do Concello.
- Moeche: 9h Andaina dende o Castelo con chegada á feira de Moeche ás 12h (concentración).
- Mondoñedo: 10 de decembro ás 16h. Andaina dende a Subestación eléctrica do PE Sasdónigas.
- Monterroso: 11h Andaina Ligonde, Fronte a taberna de Eirexe.
- Pontevedra: 12h. Concentración na Praza da Peregrina.
- Vila de Cruces: 12h. Concentración na Praza do Concello.
- Vimianzo: 11h. Andaina e concentración dende Antiga Escola de Pasarela ata o Penedo da Cachucha.
- Cee: 11:30h Andaina e concentración. Miñóns-Banle (Ameixenda).
- Xinzo: 12h Concentración na Praza Maior.
- Xermade:12 h Andaina. Praza do Concello.
Descargas