ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Inspección de valados no Monte da Fraga

10-11-2022

Inspección de valados no Monte da Fraga

O vindeiro xoves  10 de Novembro ofertamos unha nova actividade no Monte da Fraga. Nesta ocasión vaise compoñer de dúas actividades complementarias no mesmo día.

En primeiro lugar unha charla " Coñece os Valados de Pedra Seca" na que falaremos sobre este tipo de valados e súa importancia en Galicia.A charla impartirase na aula 11 da Facultade de Ciencias pero o  punto de encontro será as  11.30ha  na Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira) ; rematando aproximadamente as 13.ha as labores.

A segunda actividade será unha "Xornada de inspección de Valados" no que inspeccionaremos o Valado que está rodeando o Monte da Fraga e faremos unha toma de datos. O Punto de encontro será as  16.00ha  na Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira) ; rematando aproximadamente as 18.00 h as labores.


Recordamos que estas actividades teñen recoñecemento de créditos para o estudando da UDC.

É necesario apuntarse previamente polo que para facer a inscrición mandade un correo a itziar@adega.gal ou chamade ao 699.217.310

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal