ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXXV Curso de Formación do Proxecto...

01-10-2022

XXXV Curso de Formación do Proxecto Ríos

O vindeiro sábado 1 de outubro temos en Lugo o XXXV Curso de formación do Proxecto Ríos que desta volta adicaremos ao mexillón de río e a identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais.Será na UNED e as prazas son limitadas.


O tema a falar neste curso será  "O mexillón de río" , charla impartida por Catuxa Varela Dopico que pertence ao Grupo CoPeMol da USC  e é Bióloga do grupo de investigación de Conservación de Peixes e Moluscos.

Para inscribirse manda un correo a ramses@adega.gal ou chama ao 616 238 050.

Programa do curso:

  • 10.15 Recepción e entrega de material Estado do Proxecto Ríos
  • 10.30 Novas do Proxecto Ríos
  • 11.00 O mexillón de río, Catuxa Varela Dopico (Grupo CoPeMol da USC) Bióloga do grupo de investigaciónde Conservación de Peixes e Moluscos
  • 12.00 Descanso
  • 12:15 Saída ao río; identificación de macroinvertebrados
  • 14.30 Clausura do curso

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal