ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Eventos

Rolda de prensa | Manifestación nacional na Illa de Arousa en defensa do Ulla e da ría

A Plataforma Ulloa Viva, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e a Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non, acompañadas de ADEGA e outros colectivos, anunciaron este 27 de maio de 2026 en Carril a convocatoria dunha manifestación nacional o vindeiro 14 de xuño na Illa de Arousa, desde a praia do Vao até o Porto de Xufre. Demandamos da Xunta que dea carpetazo final á celulosa de Altri e á mina de Touro-O Pino.

Mesa redonda | A Coruña, berce de ADEGA e do movemento ecoloxista galego

Esta mesa redonda tivo lugar no marco da 50º Asemblea Xeral de ADEGA celebrada na Coruña o pasado outubro de 2025. Nela interviron Adela Figueroa, expresidenta de ADEGA e vogal de muller e feminismo; María García, vogal da xunta directiva; e Manuel Soto, presidente de ADEGA.

Gravación e edición de vídeo co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Xornadas Custodia do territorio: participar para conservar | Pontevedra

Xornadas impartidas por ADEGA e impulsadas polo Concello de Pontevedra dentro do proxecto GreenGap (Interreg España–Portugal). Tiveron lugar o venres 3 e sábado 4 de outubro de 2025 en Pontevedra, co obxectivo de poñer en valor as experiencias de colaboración entre entidades, administracións e comunidades locais na conservación do patrimonio natural e cultural.

Gravación e edición de vídeo co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. 

Novos tempos, vellas loitas: os desafíos actuais do ecoloxismo | Fins Eirexas | 50 anos de ADEGA

Relatorio do secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, na mesa redonda "A loita continúa: as principais ameazas de hoxe", desenvolvida no marco do Festival "ADEGA, 50 anos coidando a Terra", que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 7 de xuño de 2025.

Mesa redonda "ADEGA, 50 anos coidando a terra" | Festival 50 anos

Velaquí a mesa redonda "ADEGA, 50 anos coidando a terra", desenvolvida no marco do Festival "ADEGA, 50 anos coidando a Terra", que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 7 de xuño de 2025. Interviron Ramón Varela, Adela Figueroa, Daniel Vispo e Esther Forenas. Moderou Afonso Eiré.

Gravación e edición de vídeo co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. 

Altri: evidencias e incertezas | Ana F. Santamariña | 50 anos de ADEGA

Relatorio da vogal de Augas de ADEGA e doutora en Hidroloxía e Xestión de Recursos Hídricos, Ana F. Santamariña, na mesa redonda "A loita continúa: as principais ameazas de hoxe", desenvolvida no marco do Festival "ADEGA, 50 anos coidando a Terra", que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 7 de xuño de 2025.

Produción e edición de vídeo co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña. 

Mesa redonda | O movemento social compostelán na defensa da terra

Mesa redonda sobre o movemento social compostelán na defensa da terra. Tivo lugar o 1 de outubro de 2025 na Casa das Asociacións de Cornes, tras a proxección do documental "A terra por gañar". Interviron Xosé Manuel Penas Patiño, do Grupo Ornitolóxico Galego e da Sociedade Galega de Historia Natural; Pablo Gómez, da Plataforma do Sar; Iñaki Varela, da Federación Ecoloxista Galega e de Verdegaia; e Antón Bouzas, da asociación A Rula. Moderou Belén Rodríguez, secretaria executiva de ADEGA.

Esta é unha actividade organizada por ADEGA en colaboración co Concello de Santiago. Está enmarcada nun ciclo de actividades que se desenvolveron en Compostela desde o 26 de setembro ata o 7 de outubro, en conmemoración dos 50 anos de traxectoria da asociación.

A gravación e edición do vídeo conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña no marco de Cerna TV.

Mesa redonda | ADEGA, 50 anos de compromiso coa terra

Mesa redonda que repasa a traxectoria do ecoloxismo galego e a súa evolución ao longo das últimas décadas. Tivo lugar o 26 de setembro de 2025 no Centro sociocultural do Ensanche, tras a proxección do documental "A terra por gañar".

Interviron:
Ramón Varela, expresidente de ADEGA – O medio ambiente nos 70 comparado coa actualidade
Manolo Soto, membro da directiva de ADEGA – O ecoloxismo nos 90: organización e relacións sociais
María R. Lafuente, membro da directiva de ADEGA – O papel da Educación e do Voluntariado Ambiental na defensa do territorio
Xesús Manuel Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental.
Moderou: Aloia Insua, historiadora

Esta é unha actividade organizada por ADEGA en colaboración co Concello de Santiago. Está enmarcada nun ciclo de actividades que se desenvolveron en Compostela desde o 26 de setemmbro ata o 7 de outubro, en conmemoración dos 50 anos de traxectoria da asociación.

A gravación e edición do vídeo conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña no marco de Cerna TV.

Xornadas O rural galego en feminino

A cidade da Coruña acolleu as xornadas "O rural galego en feminino", organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña na fin de semana do 29 e 30 de novembro de 2025. Varias relatoras e activistas reflexionaron sobre o papel das mulleres no rural galego, os desafíos ambientais e sociais, e os novos modelos de sustentabilidade e emprendemento. En concreto, interviron María do Mar Pérez Fra, doutora no Departamento de Economía Aplicada da USC; Marta García Vilar, responsable do proxecto Millo e Landras; Mónica Malvar, produtora ecolóxica en Paderne e responsable de @seitura_eco; e Llerena Perozo Porteiro, activista ecofeminista e traballadora eidos profesionais da cultura (produción audiovisual e editorial), o medio ambiente e a igualdade.

Produción e edición de vídeo co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Os impactos da eólica mariña en Galiza

Son xa unha vintena os proxectos de eólica mariña que pousaron os seus ollos na costa galega. Todos os seus condicionantes ambientais e sociais, analizámolos no primeiro número da Cerna Temática

🔸Lectura: bit.ly/47U6x8O
🔹Descarga: bit.ly/3Kbq0IV

Le. Comparte. #EólicaAsíNON

Compostela Composta | Rolda de preguntas da rapazada do CEIP de Roxos ao concelleiro

A rapazada do CEIP de Roxos, que durante o 2025 participou no proxecto Compostela Composta desenvolvido por ADEGA, fai unha rolda de preguntas sobre compostaxe (e outras... ;) ) ao concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, no marco dunha visita ao composteiro do centro. Este proxecto conta co apoio do Concello de Santiago.

Rolda de Prensa | Inicio dos trámites para levar Altri ao xulgado | ADEGA e PDRA

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e a PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de Arousa) anuncian o inicio de accións legais conxuntas para evitar a construción do proxecto de macrocelulosa de Altri-Greenfiber na Ulloa. A vía elixida é a presentación dun recurso de Alzada, condición previa ao contencioso xudicial, polo silencio administrativo de Augas de Galiza á solicitude de arquivo do expediente de concesión de augas procedentes do río Ulla con destino a uso industrial, solicitada por Greenfiber S.L.

Rolda de Prensa | Lanzamento campaña

Rolda de prensa celebrada o venres, 28 de marzo, na Libraría Couceiro para dar conta do lanzamento da campaña de doazóns "Xustiza para o Ulla", para a defensa xurídica do Ulla fronte á macrocelulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei e a reapertura da mina de Touro-O Pino.

Rolda de prensa | Altri e Mina de Touro NON! | Pobra do Caramiñal

Rolda de prensa da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, acompañada pola Plataforma Ulloa Viva e Mina Touro O Pino NON, e outros moitos colectivos sociais e ecoloxistas, entre eles ADEGA, para dar conta da convocatoria dunha mobilización histórica en defensa da terra e do mar o 22M na Pobra do Caramiñal.

Palestra | O estado ecolóxico dos ríos en Lugo

Charla "O estado ecolóxico dos ríos de Lugo", impartida polo biólogo Roi Cuba e a enxeñeira ambiental Lucía A. Anido, da organización ecoloxista ADEGA, na UNED-Lugo.

Rolda de Prensa | Presentación da manifestación contra Altri 15D | 27.11.24

Ulloa Viva e a PDRA anuncian que o 15D haberá "un clamor" no Obradoiro contra Altri e a Xunta. ADEGA estivo presente na rolda de prensa na que as organizacións convocantes presentaron a manifestación nacional baixo o lema "A Xunta non pode calar todo un país".

Rolda de Prensa ADEGA e Plataforma Ulloa Viva | Os contaminantes de Altri

Rolda de prensa de ADEGA e a Plataforma Ulloa Viva canda ao experto en contaminación atmosférica, Ramón Varela, para debullar os resultados dun estudo comparativo sobre os contaminantes que emitiría ao aire o proxecto de Altri en relación con outras celulosas do Estado e de Europa. A análise conclúe que a factoría de ALTRI contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado.

Impactos da planta de Altri na bacía do Ulla e na ría de Arousa: rolda de prensa ADEGA e PDRA

Rolda de prensa de Adega e PDRA en Carril, 3 de maio de 2024 sobre os impactos da factoría de Altri na bacía do Ulla e na Ría de Arousa.

Os impactos da macrocelulosa de Altri na Ulloa | Charla informativa en Santiso

Charla informativa sobre os impactos da macrocelulosa que proxecta a empresa portuguesa Altri en Palas de Rei. En colaboración coa Plataforma Ulloa Viva. href="https://www.youtube.com/hashtag/altrinon" target="">#AltriNON #FóraCelulosas #ecoloxismo #ADEGA

Xornadas Nostián con Futuro

A plataforma de reciclaxe Nostián con Futuro da que fai parte ADEGA desenvolveu o xoves, 21 de marzo, a súa segunda charla no marco das xornadas Nostián con Futuro, que analizan o estado actual da planta de reciclaxe da Coruña e a xestión doutras plantas semellantes. Desta vez tomaron a palabra Mercedes Casanova (Consorcio As Mariñas) e Álex Piñol (Entidad Metropolitana de Barcelona).

Manifestación En defensa do mar en Compostela | 21 Xaneiro 2024

Este pasado sábado, Galiza saíu manifestarse en defensa do mar e contra a xestión da crise dos pellets por parte das administracións. Velaquí un pequeno resumo do que vivimos milleiros de persoas unidas por uns mares sen plástico nas rúas de Compostela. NUNCA MÁIS!

#pellets #endefensadomar #ecoloxismo #CernaTV

Xestión de Residuos | Manuel Soto | Hostalaría Compostelá Sostible

Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñería Química na Universidade da Coruña, vogal de residuos de ADEGA e director da Revista Cerna, realiza unha rigorosa exposición sobre a xestión de residuos en Galiza, contextualizada no desenvolvemento da actividade do sector hostaleiro.

Rolda de Prensa Día do Medio Ambiente 2023 | #TiPodesParalos

Rolda de Prensa celebrada no Día do Medio Ambiente (05/06/2023) na que ADEGA fixo unha valoración da sentenza de Campelo, a primeira contra a invasión eólica que evita danos sobre o medioambiente galego, e na que se explicou polo miúdo a nova campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal