ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Documental

Documental Filtrando a luz - Federación Ecoloxista Galega

Filtrando a Luz é un documental sobre o movemento ecoloxista galego a través da voz das súas protagonistas. Forma parte dun proxecto máis amplo de recuperación da memoria do movemento ecoloxista, denominado Temos Raíces. Este documental de 90 minutos, dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender, componse de entrevistas a máis de 50 persoas que inciden, coa súa testemuña, no pasado, presente e futuro do movemento ecoloxista e das campañas de defensa ambiental artelladas na nosa terra.

Rizomas I - FEG | Minaría: éxitos conqueridos e conflitos abertos

Peza documental da Federación Ecoloxista Galega, da que ADEGA fai parte, en torno ás campañas contra a minaría, éxitos conseguidos e conflitos activos. Coa participación de Joám Evans, da Fundación Montescola (mina de San Finx), Lola Rontano (Corcoesto) e Isabel García (Mina Touro – O Pino Non).

Rizomas II - FEG | O papel das mulleres no movemento ecoloxista galego

Esta peza documental da Federación Ecoloxista Galega, da que ADEGA fai parte, analiza a presenza e importancia do papel das mulleres no movemento ecoloxista, coa participación de Adela Figueroa, María Bañón (Eme), Bea Noia, Idoia Cuesta, Lola Outeiral, Lucía Fernández, Sonsoles Izquierdo, Belén Rodríguez, Nela Abella, Isabel García, Lola Rontano, Mónica Arto, Marta Gontá, Nati Vázquez, Mada Meléndrez, María García e Begoña de Bernardo. 

Trailer documental A terra por gañar

Trailer do documental A terra por gañar, que repasa os 50 anos de traxectoria de ADEGA en defensa da terra. 

Mesa redonda | A defensa da terra fronte a actual invasión eólica | Belén Rodríguez

Relatorio da secretaria executiva de ADEGA e voceira da coordinadora Eólica Así Non, Belén Rodríguez, na mesa redonda "A loita continúa: as principais ameazas de hoxe", desenvolvida no marco do Festival "ADEGA, 50 anos coidando a Terra", que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 7 de xuño de 2025.

Campaña de micromecenado en defensa do lobo ibérico

Histórica mobilización contra Altri en Santiago de Compostela 15.12.2024

Rolda de prensa | A Xunta inicia unha campaña para silenciar a oposición a Altri

ADEGA é un dos colectivos que apoian a campaña da Plataforma Ulloa Viva e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) contra o intento da Xunta "de calarnos e deixarnos fóra da tramitación" do proxecto de Greenfiber en Palas de Rei. As entidades e colectivos denunciantes comunicaron o seu posicionamento en rolda de prensa este luns, 7 de outubro de 2024. #AltriNON #CelulosasFóra #ecoloxismo #ecoloxismogalego #Ulloa

Rolda de Prensa | Os impactos de Altri sobre flora endémica en Palas

Os investigadores Santiago Ortiz, catedrático de Botánica da USC, e Miguel Serrano, profesor do Departamento de Botánica da USC, membros do Grupo de investigación "Análise e conservación da biodiversidade", xunto con Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA e Mónica Cea, membro da Plataforma "Ulloa Viva", comparecen en rolda de prensa para dar conta dos graves impactos do “Proxecto GAMA” á biodiversidade ameazada, e particularmente, aos endemismos botánicos en perigo crítico presentes na zona afectada en Palas de Rei.

Proxecto Ríos con ASPANANE, DOWN LUGO E COGAMI

O 'Proxecto Ríos de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) colaborou coa UNED Lugo para o desenvolvemento dunha actividade de educación ambiental na que participaron diversas asociacións de diversidade funcional como ASPANANE (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro), DownLugo, COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.). As 47 persoas participantes gozaron dunhas xornadas que favorecen a súa integración tanto na sociedade como na natureza, á vez que aprenden hábitos sustentables para conservar o medio. Durante a actividade analizaron a calidade da auga, o caudal, o estado de hábitat de ribeira así como a presenza de especies invasoras de fauna e flora, dando a importancia que merece á conservación dos ríos.

Desaparición da Medorra do Campelín, Navia de Suarna

ADEGA e Mariña Patrimonio alertan da posible desaparición da Medorra da Seara do Campelín en Navia de Suarna, unha mámoa catalogada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dende o ano 1992. #patrimonio #patrimoniocultural #arqueoloxía

En defensa do noso mar, solucións xa! Maniféstate!

Este vídeo creado polo colectivo audiovisual Lentes Diverxentes recolle unha manchea de motivos polos que cómpre volver saír á rúa este domingo 21 de xaneiro en Compostela, ante o desleixo das administracións na xestión da marea de pellets nas nosas costas. Contamos contigo!

O RURAL de GALICIA está en PERIGO ⚠️ | TOXÍO | #TiPodesParalos

As viaxeiras Nuria e Sergio, que forman o proxecto Toxío, percorren as xoias patrimoniais ameazadas polo polígono eólico Monte da Croa, proxectado na Costa da Morte. Toxío é unha das embaixadoras da campaña #TiPodesParalos contra a depredación eólica. Apóiaos! https://retotpp.heroes.help/campaigns/toxio

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal