CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 20 - 21
Recorda o profesor Tomás Ramón Fernández, na súa xa clásica obra Manual de Dereito urbanístico, unha cita do libro branco inglés Land, cal é o quicio do fenómeno urbanístico como feito de relevancia social e económica. Sen reproducila na súa integridade, chega a referencia á súa primeira frase: “de todos os recursos materiais dos que se pode dispoñer nestas illas, o solo é o único que non se pode incrementar”. Evidentemente, a afirmación é esaxerada, mais non por iso deixa de ser certa. O urbanismo no Estado español ten tornado nun problema nos tempos modernos, a partir da época do “desarrollismo” económico, un problema ao que non somos alleos na Galiza e que, coma se fose unha árbore perversa, veu desenvolvendo ramificacións diversas, mesmo penais. E na base do problema está a concepción do solo como un produto susceptíbel de ser transformado sen outros condicionamentos que a definición dun proceso pouco menos que industrial. Pretendemos neste breve escrito reflexionar acerca do tremendo erro que tal entendemento supón e sobre as súas gravísimas consecuencias.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 29
Na primavera de 2010 comezou nas redes sociais un grupo co lema “Barreiros máis talento e menos crecemento”, unha crítica a sobre urbanización deste concello da mariña lucense que semella unha vila pantasma no inverno e desborda a súa capacidade na época estival causando cortes na luz e na auga debido a falta de capacidade no concello para facer fronte o alto crecemento da demanda destes recursos no verán cando a poboación se multiplica.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 30
En 2005 o concello de Lugo aprobou a construción dun impoñente edificio ao carón do parque de Rosalía, un espazo importante pola súa riqueza paisaxística, ecolóxica e medioambiental. Ante esta agresión xurdiu unha asociación contraria a edificación que en poucos días logrou 12000 sinaturas de apoio o que demostra que os lugueses se opoñen claramente a construción deste coloso nunha das máis importantes zonas verdes da cidade.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 25 - 28
O pasado 16 de abril tivo lugar no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o acto de presentación da campaña “PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TER-RITORIO”, que lanza ADEGA co obxectivo de poñer freo aos proxectos especuladores co territorio galego e procurar unha alternativa sustentábel de ordenación territorial.Esta iniciativa pretende, por unha banda, reunir nun movemento social común a todos aqueles colectivos e entidades que están a denunciar illadamente a destrución e ameazas que está a sufrir o territorio galego en todos os seus ámbitos; e, por outra, instar ás administracións públicas a tomar medidas concretas cara a unha ordenación do territorio sustentábel. No manifesto da campaña recóllense as ideas básicas desta iniciativa.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 25
Dentro da campaña por unha ordenación territorial sostíbel “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, ADEGA organizou a xornada “Cultura e Territorio”, xunto co patrocinio de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Neste acto, que tivo lugar na capital luguesa, destacouse o papel da tradición oral, da cultura e da arquitectura na planificación e deseño do territorio galego, así como instrumentos de creación de identidade propia que hai que protexer.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 26-27
O pasado 11 de Xuño celebrouse na Diputación Provincial de Lugo o “Encontro de Escritor@s polo territorio” organizado por ADEGA dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”. A xuntanza dunha ducia de autores e autoras galegas veciños todos eles de Lugo tiña unha inquedanza común: “O territorio galego relátase a través da literatura oral, da escrita e da súa toponimia e neste momento histórico está en perigo de extinción”, e “Se perdemos as palabras, a lingua e os nomes perdemos o territorio e as persoas”.