Páx. 43-44
Os produtos tóxicos e perigosos están cada vez máis presentes nas nosas vidas. O seu uso pode ter consecuencias graves para a nosa saúde e a contaminación do medio ambiente. É urxente saber recoñecelos, e reducir o seu uso ou como substituílos por produtos de gama ecolóxica ou de fabricación caseira. Ou autores danche aquí algunhas pistas.
Páx. 11
A cidadanía do Estado Español está convocada a participar nun referéndum sobre a proposta de Constitución europea. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), aínda achando necesaria unha Constitución para a UE, non comparte nen o método de elaboración nen o contido final da proposta redactada pola Convención. A continuación recollemos o posicionamento de ADEGA ao respecto.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 38-39
A saínte coalición entre socialistas do SPD e Verdes (BÜndnis 90- Die Grünen) supuxo no seu momento un revulsivo para o movemento asociativo de esquerdas alemán por significar o ansiado final do estancamento sufrido durante o longo do mandato da CDU de Khol. A pesares da ilusión e as expectativas espertadas nos sectores alternativos e de esquerdas, o goberno encabezado polo canciller Schröder non afrontab unha tarefa fácil. Mais: Como valora o ecoloxismo alemán a política medioambiental do pasado goberno?
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 18-19
Analízase o ecoloxismo nos medios mediante o uso de Radio Cerna, o espazo radiofónico promovido por ADEGA. Nesta colaboran 18 radios na difusión do proxecto ecoloxista, así coma a Deputación da Coruña que se sumou nos últimos tempos. "Radio Cerna" funciona coma unha produtora radiofónica que se sostén na elaboración de produtos -programas- de contidos fundamentalmente medioambientais e ecoloxistas, pero tamén de til cultural e didáctica. A día de hoxe emítese nas emisoras municipais e locais de toda Galiza, posuíndo gran aceptación entre as oíntes.
Páx. 42-43
As vacacións soen ser sinónimo de relax, desconexión das rutinas diarias e nalgúns casos implican coñecer novos lugares e culturas. Porén, as felices vacacións poden amosarnos outras facianas; milleiros de persoas realizando desprazamentos (maioritariamente cara as costas), causando un grave impacto en zonas moi sensíbeis afectadas por unha construcción indiscriminada e a sobre-explotación dos seus recursos, auga, solo, biodiversidade, etc.