Páx. 7-8
Con máis de 50.000 sinaturas recollidas, e 41.398 declaradas válidas pola Xunta Electoral, esta ILP ecoloxista será tratada próximamente no Parlamento Galego como a iniciativa con maior apoio popular. Diversas actividades de reivindicación da reciclaxe e de denuncia dos graves problemas ecolóxicos, sanitarios e económicos que a incineración conleva precederán á súa lectura. Entre as actividades inclúese unha manifestación en Compostela para ó 9 de xuño.
Páx. 30
O 16 de xuño tivo lugar unha nova "MARCHA CONTRA CELULOSAS" na ría de Pontevedra; como en anos anteriores a Marcha saiu das Alamedas de Marín e Pontevedra e rematou diante do complexo contaminante de Lourizán, onde se concentraron máis de 3.000 persoas participantes baixo o lema "POLA NOSA SAÚDE E POLO TRABALLO DO MAR".
Páx. 6-7
Laracha, un dos sete concellos que compoñen a fértil e fermosa Comarca de Bergantiños, está ameazado por políticas agresivas e polas múltiples formas de contaminación que ten que soportar, entre as que destaca a incineradora de aceites usados e residuos tóxicos e perigosos de Lendo.
Páx. 17-60
Este dosier fai unha recompilación de artigos que analizan a catástrofe do Prestige desde diversos eidos. Constitúe un retrato da realidade máis próxima ao meirande desastre ecolóxico de Galiza.
Páx. 14-16
Non pretendo neste breve artigo enumerar e analisar o longo repertório de impactos ambientais, de distinta natureza, que orixinan as minicentrais hidroeléctricas. Todos eles atopan-se dende hai tempo perfectamente tipificados e existen ademais centos de publicacións científicas, á vez que recentes monografías de carácter divulgativo, nas que o leitor interesado poderá atopar esa información.
Páx. 12-13
A contaminación luminosa é un novo xeito de polución na sociedade de consumo. Para un grande número de habitantes residentes en núcleos urbanos é case imposible a contemplación do ceo estrelado por mor da contaminación lumínica que se produce nas vilas e cidades.