Revista CERNA

Artigos de Contaminación. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A situación do encoro de Portodemouros e o papel de Altri no seu empeoramento

Ana Fernández Santamariña

CERNA Nº 93 - Xustiza para o Ulla e a ría de Arousa

Páx. 8-10

O encoro de Portodemouros deseñouse para xerar enerxía hidroeléctrica. Sitúase na Demarcación Hidrográfica de Galiza-Costa, xestionada por Augas de Galiza, e incumpre a directiva marco das augas polo mal estado que presenta. Aínda así, o proxecto da macrocelulosa de Altri propón emitir o seu vertido a 27ºC augas arriba deste encoro. Proxéctase así un escenario a futuro no que se incrementarían os procesos de eutrofización debido, non só ao aumento de temperatura e nutrientes sobre a masa de auga estancada, senón tamén á redución do volume de auga para a dilución e arrefrío da vertedura pola extracción da concesión, todo isto nun contexto de cambio climático.

Tarugotón: a primeira acción simultánea de recollida de tarugos nas praias galegas

ADEGA, Limpiarousa, ProxectoaMARte e Surfrider España

CERNA Nº 93 - Xustiza para o Ulla e a ría de Arousa

Páx. 38-42

A fin de semana do 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro, tivo lugar o Tarugotón, unha recollida simultánea de paus de batea ou tarugos ao longo de todo o litoral de Galiza, con réplicas mesmo nas costas de Cantabria. Esta iniciativa foi impulsada por catro entidades, LimpiArousa, ProxectoaMARte, Surfrider e ADEGA, que lograron poñer o foco nunha problemática moi presente nos nosos areais, aínda que tamén normalizada para algunhas persoas ou descoñecida para outras.

Transferencia de produtos farmacéuticos de uso animal ao medio natural

Ana Barreiro Buján, Raquel Cela Dablanca, Ainoa Míguez González, Avelino Nuñez Delgado, María J. Fernández Sanjurjo, Esperanza Álvarez Rodríguez

CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado

A intensificación na cría de animais de granxa provocou un incremento na administración de diversos fármacos. Destacan os antibióticos que se usan en grandes cantidades para loitar contra diferentes enfermidades infecciosas. Un dos riscos máis importantes deste uso indiscriminado é a súa incorporación aos solos a través da fertilización con estercos ou xurros, porque os animais excretan ata o 90% da dose administrada. Esta dose pode pasar aos cultivos e augas e favorecer a aparición de bacterias resistentes aos antibióticos. Unha normativa recente (EU 2019/6) restrinxe os usos de antibióticos de forma rutineira, pero aínda queda moito por avanzar neste tema.

Biopolímeros plásticos feitos con aceite usado, terán mellor comportamento ambiental nas praias?

Brais Vázquez-Vázquez, Massimo Lazzari, Almudena Hospido

CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta

Páx. 34-36

Recentes estudos amosan a posibilidade de producir biopolímeros plásticos a partir de residuos lipídicos, talescomo aceites usados, e baixo diferentes condicións, tal e como xa probaron no CRETUS (Centro de InvestigaciónInterdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais). Estes avances poden ser chave para potenciar o seu mercado eaumentar a substitución de plásticos petroquímicos. En paralelo, é preciso avaliar o seu impacto ambiental ao logodo seu ciclo de vida e validar un mellor comportamento ambiental, xa que baixo condicións controladas podenchegar a ser biodegradables. Reducirase así a liberación de microplásticos, un problema evidenciado na verteduraaccidental do contedor cheo de granulado na costa portuguesa.

Plásticos no mar: desde os pellets ata o lixo mariño

Ricardo Beiras

CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta

Páx. 32-33

En xaneiro do 2024, o novo ano trouxo unha vertedura de pellets de plástico nas rías de Muros e Arousa debidoá perda accidental de contedores do buque Toconao. Este accidente serviu para chamar a atención sobre anecesidade de mellorar o control sobre o transporte destes materiais. Os pellets levan substancias químicastóxicas para os organismos acuáticos; e a súa vertedura deteriora o valor das nosas costas e desprestixia os nososrecursos mariños, pero son só un dos moitos compoñentes do lixo mariño que procede da pesca, da acuicultura,das actividades de recreo ou da mala xestión do refugallo sólido que contamina de xeito crónico as rías galegas.

20 anos do Prestige: que foi daquel chapapote?

Fins Eirexas

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Páx. 19-21

No 2022 cumpríronse 20 desde que un petroleiro fendía e afundía perante as nosas costas e liberaba a súa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia, mais como lle foi á nosa natureza? Que fica por facer e que foi daquel chapapote?

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal