CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 36 - 27
A presenza de ovellas e cabras nos montes galegos foi decrecendo constantemente, isto é prexudicial para os nosos montes, xa que contribúen a conservación do medio rural e a frealo despoboamento, manteñen superficies agrarias en bo estado, fan un aproveitamento sostible dos recursos e contribúen a valorar as actividades agrogandeiras e forestais e das súas producións. Para que se manteñan estes rebaños é imprescindible que a administración poña en marcha medidas encamiñadas a favorecer estas actividades, xa que agora mesmo están discriminados nas axudas, sobre todo a administración ten que favorecer plans que permitan a convivencia co lobo.
CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo
Páx. 37
Traio aquí un exemplo de como sacarlle o máximo proveito aos nosos montes, establecendo un plan racional de aproveitamento e traballo programado para os mesmos. A parroquia de Santo Estevo de Parga, Concello de Guitiriz, atópase situada na parte norte da provincia de Lugo, bañada na meirande parte polo río Parga, por certo, moi rico en troitas. Ten unha poboación aproximada de 800 habitantes e unhas 200 casas que forman a Comunidade á que lle dá o nome a parroquia, cos seus oito pobos máis a vila de Parga. A parroquia de Santo Estevo ten unha extensión de aproximadamente 1.000 Has de monte veciñal man común, das que 375 Has foron clasificadas polo Xurado Provincial de Lugo con data 25 de Agosto de 1.975. As restantes, atópanse repartidas entre comuneiros e comuneiras desde hai 80 anos, sen criterio de proporcionalidade. Así que, para centrármonos no tema que nos ocupa imos falar só do monte legalmente clasificado, no que existen varias canteiras de granito desde 1979.
CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?
Páx. 36 - 37
A función ecolóxica, económica e social do monte son os tres eixos que marcan o que facer desta Comunidade de montes veciñais en man común do Concello de Covelo, na comarca da Paradanta. A partir destes eixos e cos veciños e veciñas como protagonistas, a xestión forestal destes montes camiña pola senda da sostibilidade.
CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 26 - 28
A nova Directrices de Ordenación do Territorio aprobada polo PP é un novo intento colonialista que procura o beneficio as grandes empresas da metrópole, con esta nova DOT e a supresión das axudas da consellería de medio rural do anterior goberno, o PP procura a privatización dos montes veciñais en man común, so lle falta un cambio xurídico, que será unha perda para os comuneiros e para toda a sociedade galega xa que este é un dos nosos trazos de identidade. A política do PP céntrase en situar os recursos do rural galego como un ámbito de lecer para as persoas de clase alta e como un recurso enerxético fomentando as plantacións de eucaliptos para o aproveitamento en 4-5 anos nas centrais de biomasa.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 36 - 37
Galiza conta cunha superficie forestal e fragmentación arborada que a fan única neste campo. De aí a importancia da certificación FSC para a xestión responsable destas áreas. Coñecer a procedencia da madeira que se consume é fundamental para garantir a súa legalidade e sostentabilidade, porén o selo do FSC constitúe unha gran vantaxe tanto para o consumidor como para o produtor.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 38 - 39
A Comunidade de Montes Veciñais de Man Común da parroquia de Carballo, concello de Friol foi das primeiras en apostar pola certificación FSC, o que garante a súa xestión responsable. Unha das accións máis relevantes que se levou a cabo foi a utilización do cabalo de pura raza galega para o pastoreo. Ademáis, a Comunidade leva a cabo unha serie de actividades que constitúen un pulo ao futuro da vida no rural.