Revista CERNA

Artigos de Residuos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

REVITALIZA Pontevedra: a compostaxe local dos biorresiduos

María Martínez e Carlos Pérez

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 26-29

A xestión adecuada dos residuos é esencial para evitar os seus impactos negativos sobre o medio e a saúde das persoas. Empezar a considerar os residuos como un recurso que retorne ao sistema produtivo resulta fundamental, ademais dunha obriga normativa para os vindeiros anos. O proxecto REVITALIZA da Deputación de Pontevedra contempla tres eixes de tratamento en función das posibilidades da cidadanía e da distribución poboacional existente na provincia, como son a compostaxe individual ou doméstica, a compostaxe comu¬nitaria, e as plantas comarcais de compostaxe. Neste artigo descríbese a concepción e implantación inicial dos tres primeiros eixes, que conforman o que denominamos “compostaxe local”.

A implantación do sistema Porta a Porta en San Sadurniño

Amparo Calvo e Ignacio Fernández

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Páx. 17-19

O Concello de San Sadurniño implantou, a finais de 2014, un proxecto piloto de recollida Porta a Porta (PaP) na parroquia de Ferreira, que é unha das que ten a poboación máis dispersa. O obxectivo era mellorar a xestión, achegala á cidadanía, e reducir a cantidade de lixo que se estaba enviando a SOGAMA. Os resultados acadados foron positivos, e ampliouse o sistema a outras dúas parroquias. En xeral, o sistema PaP está cumprindo os seus obxectivos, pero existen limitacións que dificultan a súa extensión ao resto do termo municipal.

Efectos dos microplásticos nos ecosistemas mariños

Virginia Vidal e Ricardo Beiras

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Páx. 20-22

O proxecto europeo EPHEMARE sobre os efectos toxicolóxicos dos microplásticos nos ecosistemas mariños, coordinado pola Universidade de Vigo, pretende arroxar luz sobre o descoñecemento científico da problemática que estes materiais plásticos de pequeno tamaño poden causar nos nosos mares e océanos.

Proxecto ALLARIZ RE: Mellorando a xestión do lixo

Bernardo Varela e Xosé M. Romero

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 27-29

A xestión pública dos residuos debe considerarse unha responsabilidade para acadar bos resultados ambientais e económicos, obxectivoao que o Concello de Allariz ven prestando atención nos últimos dous anos. Trátase de acadar resultados económicos e tamén de evitaro malgasto de recursos por depositarmos a maior parte do lixo no colector verde para o seu tratamento en SOGAMA. “RE” trata deREcuperar vellos usos, RExenerar o noso entorno e REiniciar novos procesos. Para o asesoramento neste proxecto establecéronse sendosconvenios de colaboración coas Universidades de Vigo e A Coruña, e coa implicación directa da Asociación ecoloxista ADEGA.

Compostaxe e reciclaxe no rural: O caso de Cerdedo

María R. Lafuente

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 30

Cerdedo é un concello da provincia de Pontevedra de aproximadamente 80 km 2 e 1.780 habitantes. Conta cun ámbito maioritariamenterural cun pequeno núcleo urbano. Nestas condicións iniciouse en marzo de 2016 a primeira fase do proxecto de reciclaxe e compostaxe.En setembro dese ano, Cerdedo fusionouse con Cotobade, estendéndose tamén o proxecto a este concello, e ampliándose nunha segundafase que comezou en marzo de 2017. Os datos achegados neste artigo son os resultados da primeira fase.

RECICLAXE NA ALEMAÑA: ZWEIBRUKEN:Experiencia de recollida selectiva de lixo

Adela Vázquez

CERNA Nº 8 - -

Páx. 12-14

O problema do lixo rebasa o ámbito familiar e local, por este motivo, os gobernos comezan a tomar medidas, en Alemaña non foron menos e o longo deste artigo veremos qué fan neste país co lixo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal