Revista CERNA

Artigos de Forestal e montes. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A prol da vexetación

Carlos Varela Vázquez

CERNA Nº 1 - -

Páx. 26-27

O bosque tradicional é imprescindible para a supervivencia dun gran número de especies e suministra un gran número de servizos inadvertidos dos que non somos conscientes.

Accións urxentes para mitigar a erosión tras o incendio

Cristina Fernández, José A. Vega e Teresa Fontúrbel

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 22-25

Para limitar o risco de erosión post-incendio cómpre tomar un conxunto de decisións e realizar una serie de actuacións no menor tempo posible antes de que as primeiras chuvias do outono desencadeen os peores efectos. Unha vez que o incendio foi extinguido, os xestores do territorio teñen que facer fronte a: i) unha avaliación preliminar do impacto causado polo lumenas bacías afectadas; ii) unha estima dos efectos potenciais fóra da área queimada e iii) decidir que actividades post-incendio van ser implementadas, cando, onde e como. Este complexo labor require unha planificación que estableza con claridade os puntos esenciais a considerar, as accións a acometer e a súa secuencia de execución. Nese contexto, os protocolos son instrumentos útiles que axudan a organizar as actuacións. Neste traballo descríbese brevemente como se leva a cabo esa planificación.

Un ano de "Cousa de Raíces"

Cerna/Redacción

CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos

Páx. 37-39

Tras un ano desde o impulso da campaña “Cousa de Raíces” na defensa do bosque galego, o número de asociacións, colectivos, plataformas, centros de investigación, comunidades de montes, empresas e particulares que se uniron a esta iniciativa, posta en marcha por ADEGA, non deixou de medrar. Actualmente participan dela máis de 50 entidades. O alcance da campaña, como así estaba previsto, vén marcado pola proposta de accións e colaboracións establecidas entre os seus membros, que procuran defender o bosque autóctono galego desde varios eidos con carácter reivindicativo, divulgativo ou educativo e de intercambio de coñecementos. Neste artigo, presentamos un breve resumo dos avances que se teñen dado durante este ano no marco da campaña “Cousa de Raíces”.

As frondosas caducifolias, clave de futuro do monte galego

Manuel Míguez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 22-23

As frondosas caducifolias poden ser tan rendibles como as outras especies forestais, aplicando principios de sustentabilidade, aproveitamentos multiproduto e novos procesos como a biorrefinaría.

A Fontiña das Laxes

Elisa Pérez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 24

A Fontiña das Laxes é un exemplo de como ese eucaliptal que temos ao lado da casa, de escaso valor e fonte de riscos diversos como os incendios, pode ser transformado nun souto para o seu aproveitamento integral por toda a familia: leña, madeira, castañas, cogomelos, paxaros, sombra, xardín... Relátanolo Elisa Pérez, promotora desta transformación.

A nova praga do castiñeiro

Entrevista a Pedro Mansilla

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 25-26

O Dryocosmus kuriphilus é a nova praga do castiñeiro. Detectouse en maio de 2014 en Galiza e xa está estendida polas catro provincias galegas. Coñécese comunmente como a avespa do castiñeiro e procede de China. Pese á insistencia dos produtores de castaña galegos, polo de agora o Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente non autorizou a solta do único parasito capaz de controlar a avespa exótica, o Torymus sinensis, á espera de que se determinen os efectos que estas soltas poderían ter no ambiente galego. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra estase a encargar desta investigación. Entrevistamos ao seu director, Pedro Mansilla, para coñecer o impacto desta praga e a evolución do estudo que está a desenvolver sobre o seu control biolóxico.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal