Páx. 49
Proposta de varios libros de temática ambiental:- Cultivos mariños en Galicia, por Guillermo del Rïo Rocha e cols.- Guía de plantas medicinais de Galicia, de A. Rigueiro e cols.
Páx. 50
Reflexión e recordos do autor respecto da estación do verán.
Páx. 33-36
A publicación no 92 do poemario Tras as portas do rostro, deunos a oportunidade de coñecer a unha voz literaria de gran calidade e de meirande emoción. Trátase de Marica Campo, que ata entón só deixara constancia en certames menores. Nacida no Incio e residente en Xove, onde traballa como mestra, demorou ata o límite a publicación duns poemas dunha calidade e fondura impresionantes, ideais para quen goste da poesía en carne viva, directa e humana. Inclúense anacos deste poemario de gran sensibilidade humanista e ecolóxica.Ademáis preséntase un artigo adicado ós máis pequenos referido á observación de aves, por Bruño Fraga Bugallo, no se que dan pequenos consellos respecto ó material e ó xeito de observar ós paxaros.
Páx. 42-44
Percorrido pola obra literaria do autor, a través de títulos salientables e anacos da súa poesía. Acrecentaremos nesta entrega novas formas da fortísima implicación que todo o relacionado coa natureza posúe na súa obra.
Páx. 30-31
O naturalista Antonio Valenzuela, profesor de Historia Natural no Instituto de Pontevedra, defendeu a mediados do século pasado a conservación do patrimonio forestal; os seus argumentos, tantos anos despois, manteñen certa vixencia.
Páx. 26-28
Percorrido pola obra literaria do autor, a través de títulos salientables e anacos da súa poesía. Acrecentaremos nesta entrega novas formas da fortísima implicación que todo o relacionado coa natureza posúe na súa obra.