Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 82 - Emerxencia...
Páx. 23-26
O xabaril é motivo de intenso debate polos danos a cultivos, accidentes de tráfico e a preocupación pola peste porcina. Hai tanta polémica como desinformación, pero, sobre todo, sorprende a falta dunha previsión de planificación que aborde o estado da súa poboacióne de como xestionala. Neste contexto, a Xunta recorre por primeira vez á declaración de “emerxencia cinexética”, dando alento aos que cualifican de “praga” a especie, deixando en mans de cazadores e gandeiros o problema, e desentendéndose da responsabilidade que lle corresponde como organismo público e xestor.
Páx. 27-29
Se falarmos da Galiza compre salientar que, desde o ponto de vista econômico e social, existem já, de facto, duas Galizas: a que se conforma a volta da AP-9 (Autopistas del Atlántico), ou seja, a Galiza Ocidental (províncias de Pontevedra e Corunha), e o resto, ou seja as províncias de Lugo e Ourense. Esta autoestrada funcionou desde o seu início como motor que pus a andar o que se lhe chamou “Navalhada do Capital”. Hoje, passados 40 anos daqueles feitos da luta por uns transportes galegos, as diferenças entre as duas Galizasagravaram-se em termos de economia, demografia e comunicações
Páx. 30-31
É moi posíbel que a palabra lodos non teña para nós unha connotación positiva, e que a visualicemos como algo perigoso, tanto para as persoas como para o medio ambiente. Non obstante, na sociedade na que vivimos é imposíbel pensar que podemos vivir sen xeralos. Unha xestión adecuada, desde o coñecemento e a responsabilidade, sabendo que manexamos un material potencialmente perigoso, vai facer que pasemos de ter un residuo a convertelo nun recurso de grande valor a nivel agrario.
Páx. 32-33
Xa se cumpriu un ano desde que comezou o Programa de Compostaxe Individual do Plan Revitaliza no Concello de As Neves. Este municipio tiña grandes deficiencias na xestión do lixo, e con Revitaliza pretende mudar unha xestión baseada na incineración e o vertido por outra baseada na compostaxe da fracción orgánica. Unha aposta pola reciclaxe que tamén mellora a xestión dos outros residuos municipais.
Páx. 34
No mes de outubro, celebrouse o IX Seminario de Composta en Red. Composta en Red é unha coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. ADEGA forma parte desta rede desde o seu inicio, como socia observadora. O seminario celebrouse o 17 e 18 de outubro de 2019 en Valladolid. O seu tema central foi a xestión da materia orgánica no mundo rural, cos obxectivos de dar visibilidade a esta problemática, favorecer os contactos entre axentes a todos os niveis e partillar experiencias.
Páx. 35
O debate sobre o plástico é algo común de escoitar a día de hoxe en todos os medios de comunicación e tamén é conversa frecuente na rúa. Parece que esta problemática comeza a preocupar de verdade á xente de a pé..., tarde, pero, como di o refrán, “máis vale tarde que nunca”. Porén, realmente sabemos cal é a dimensión do problema? Agora que xa somos conscientes de que estamos nun punto crítico, novas investigacións recrúan a problemática do plástico e urxen solucións inmediatas.