Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 78 - ILP: Unha...
Páx. 38-40
É evidente que o planeta está a sufrir as consecuencias do cambio climático moito máis rápido do previsto, polo que é esencial que comecemos a traballar coa Natureza en vez de en contra dela para abordar unha grande variedade de ameazas ambientais ás que nos enfrontamos. Para poder loitar contra o quecemento do planeta é imprescindible trocar de modelo enerxético, abandonar a enerxía nuclear e os combustibles fósiles ata conseguir un mix cento por cento renovable, algo que xa forma parte da folla de ruta de todos os países deEuropa nos que a aposta polas enerxías renovables está relacionada cunha baixada no prezo da electricidade, coa excepción de España. Galicia non pode deixar escapar esta oportunidade.
Páx. 41-42
Este artigo recolle os resultados dunha enquisa que contestaron 101 persoas que están ou estiveron vinculadas profesionalmente á educación ambiental (EA) en Galicia. O cuestionario buscou facer unha descrición socio-demográfica do campo e captar sinteticamente a situación profesional, ocupacional e social antes da crise (2007) e unha vez xa inmersas nela (2013), dando conta do impacto das políticas de austericidio e recortes.
Páx. 43-45
O oso pardo en Galicia pasou de ser declarado practicamente desaparecido hai 40 anos a ser hoxe un visitante habitual de moitos montes galegos. Porén, a situación da especie no conxunto da Cordilleira Cantábrica segue sendo de grave risco de extinción. En Galicia segue sen consolidarse un núcleo reprodutor. É necesario renovar o vixente Plano de Recuperación do Oso Pardo na Comunidade, que data de 1992, para abordar e actualizar os retos que a conservación da especie e do seu hábitat necesitan.
Páx. 46-47
Na sección de fauna e flora de Galiza de CERNA 78 falámosche da raíña dos mares, que nas últimas semanas, visitou asiduamente os mares galegos. E coñeceremos de forma máis detallada as pecualiaridades da árbore do Nadal, o acivro.