Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 71 - Outra xestión...
Páx. 31
O pasado 9 de maio tivo lugar en Lugo o II Congreso Europeo das Terras comunitarias, continuador do fito histórico que supuxo a primeira edición en setembro de 2011, en Vila Real. No actual escenario de crise e desconfianza, ADEGA participou neste encontro instando a acción común entre ecoloxismo e áreas comunitarias. Nestes eventos, os nosos montes veciñais compartiron palestra cos baldíos portugueses, cos crofts escoceses e cos montes comúns italianos; todos eles fixeron visible a importancia das áreas comunitarias como oportunidade e alternativa ante un mundo rural en descomposición.
Páx. 32-33
O Proxecto Soutos lévase a cabo desde o ano 2010 pola empresa Alibós Galicia S.L., en convenio coa Deputación de Lugo, para a promoción e desenvolvemento sostible dos soutos de castiñeiros e a comercialización da castaña, valorización ambiental, sociale económica dos recursos propios do medio rural. Prevé a rehabilitación de 25 hectáreas de soutos e 200 Ha de novas plantacións nas que incorpora a recollida mecanizada.
Páx. 34-35
Nesta sección de flora e fauna de Galiza exaltamos algúns dos animaliños máis representativos da primavera que chamaron a atención do noso colaborador Pepe Salvadores, e describimos a herba lombrigueira ou tanaceto coa axuda de Marga Miguens.