Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 94 - Voluntariado...

Outono 2025

CERNA Nº 94 - Voluntariado en defensa do monte

Artigos da revista CERNA Nº 94

Recursos

Ramsés Pérez

Páx. 4

As recomendacións culturais do Proxecto Cerna.

Kit informativo: pasos para recuperar o monte galego despois dos incendios

Xandro García e Uxía Iglesias

Páx. 5

ADEGA organizou en outubro de 2025 unha primeira acción simultánea de restauración ambiental en varias zonas arrasadas polos incendios forestais do verán na comarca de Valdeorras. Previamente, e da man de persoas expertas na materia, impartiu unha serie de charlas formativas co obxectivo de traballar sobre o terreo coas maiores garantías técnicas e de seguridade. Neste artigo recóllense os resultados.

Caracol ou lume

Olga Novo

Páx. 9

O impacto ambiental da produción e consumo de roupa e calzado

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 10-13

A produción de tecidos e prendas xera até o 10% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro, e pode superar a media tonelada de CO2 equivalente por persoa ao ano. As fibras sintéticas emiten máis que as naturais, mentres que o algodón consome moita auga. Ademais, xéranse grandes cantidades de residuos téxtiles, que acaban incinerados, en vertedoiros ou exportados a países empobrecidos. Recíclase menos do 1%. A explotación laboral é outra das caras da moda rápida. Neste artigo analizamos estes impactos e as alternativas para reducir a pegada do noso vestir e calzar.

Fanzine Nº 0 | O neno que non paraba de medrar

Daniel Bañobre e Tania G. Mourelle

Páx. 14

Efectos da silvicultura intensiva sobre as comunidades de invertebrados fluviais: o caso das plantacións de eucalipto

Adolfo Cordero-Rivera e Anais Rivas-Torres

Páx. 15

As follas que caen aos regatos son a principal fonte de enerxía para o funcionamento destes ecosistemas. As dos eucaliptos son pobres en nutrientes e están quimicamente moi protexidas, o que fai que a maioría das especies de macroinvertebrados fluviais europeos teñan dificultades cando ese é o alimento predominante. Atopamos que os regatos con maior proporción de follas de eucalipto teñen menor riqueza e diversidade de macroinvertebrados. Ademais, as comunidades son máis ricas en outono, cando predominan as follas das plantas nativas, que en primavera. Para minimizar os impactos, as plantacións de eucaliptos deben manter o bosque ripícola con especies nativas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal