Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
19/12/2019
Na Audiencia Nacional española estase vendo o xuízo contra a cúpula da antiga Pescanova. Os dirixentes imputados non son os unicos responsábeis do buraco milmillonario, a corrupción e o branqueo
16/12/2019
A COP25 finalizou deixando asuntos sen resolver e sen establecer os mecanismos suficientes para acadar o Acordo de París do 2015. Nesta nova analizamos as decisión adoptadas e poñemos en valor a mobilización social que acompañou ao cumio oficial.
12/12/2019
Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización.... Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen aturar a contaminación consomen a electricidade
05/12/2019
Este xuño a Xunta emitíu DIA favorábel para a mina de ERIMSA en Mesía. Fíxoo apesar dun informe de Medio Rural que "rexeitaba o proxecto con rotundidade". Agora soubemos que MR emitíu un segundo informe favorábel no que fía todo á palabra da empresa
03/12/2019
Poderase acceder a este dosier dixital de información ambiental e de consulta pública a través do sitio web de Radio Cerna (http://adega.gal/radiocerna). Tamén ofrece un recompilatorio das novas por temáticas ambientais.
27/11/2019
Vistas as últimas achegas de Cobre San Rafael ao expediente da mina de Touro, seguen sen resolverse as principais eivas sinaladas por Augas nos seus informes previos. Abonda pois de papelaxe: a que agarda a Xunta para rexeitar o proxecto?