Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
13/04/2020
ADEGA vén de publicar a edición número 82 da revista galega de ecoloxía e medio ambiente, Cerna. Un total de 15 artigos de libre consulta e descarga en http://adega.gal/revistacerna.
27/03/2020
ADEGA lanzará nos vindeiros días varias propostas de actividades ou ECO-Ideas para pasar a corentena e porá á disposición de docentes, nais e pais, material didáctico ligado a diferentes temáticas ambientais. Solicítao en adega@adega.gal
27/03/2020
Máis de corenta organizacións galegas, entre as que está ADEGA, veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual.
23/03/2020
O Covid-19 estanos a deixar unha gran lección sobre o que realmente é importante nestes momentos nos que a humanidade se enfronta a unha crise sanitaria, ecolóxica e climática. ADEGA fai a seguinte reflexión...#EuFicoNaCasa #RendaBásica
09/03/2020
ADEGA esixe explicacións e a disposición por parte da Administración de todas as medidas necesarias para que se clarexe o antes posible a orixe e alcance do recente episodio de contaminación mariña e reclama a revisión do Plan de Continxencias.
05/03/2020
Nestes días están a aparecer gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están enchoupadas dunha substancia oleosa, moi probabelmente procedente dun "sentinazo". Pedimos a colaboración da cidadanía para localizar e tratar estas aves