Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
10/06/2020
A Xunta tramita a autorización dun novo vertedoiro nas Somozas para 1,03 millóns de m3 de residuos industriais ao que pretenden traer as terras contaminadas con lindano, mentres 10.000 t de refugallos do Prestige seguen sen tratar...
05/06/2020
ADEGA e outros colectivos da FEG presentan ás formacións políticas candidatas ás próximas eleccións autonómicas 12 propostas cara á sustentabilidade, neste Día do Medio Ambiente.
02/06/2020
ADEGA e Mariña Patrimonio lamentan que a D.X. de Patrimonio Cultural siga sen retirar do visor de aproveitamentos forestais da Xunta os datos errados da xeolocalización do patrimonio cultural e dá conta de 10 casos que exemplifican o desleixo.
01/06/2020
ADEGA celebrará esta Semana do Medio Ambiente cun roteiro e unha palestra e mesa redonda virtuais. Tamén se unirá á Cadea Ciclista no Día da Bicicleta e, desde hoxe ata o venres, lanza a campaña nas RRSS #HoraDaNaturezaADEGA.
27/05/2020
107 colectivos presentaron Recurso de Reposición fronte as dúas Ordes da xunta que permiten a continuidade da tramitación de preto de 1000 proxectos agresivos co medio ambiente durante o estado de alarma.
22/05/2020
A ONU celebra o Día Mundial da Biodiversidade baixo o lema “As nosas solucións están na Natureza”. Nesta data, ADEGA insta ao impulso de novas actitudes, hábitos e políticas que persigan realmente unha “nova normalidade” de fomento da biodiversidade.