Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
05/08/2020
ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, tras trascender que tirou dous vagóns de tren ao río Sil.
09/07/2020
É costume en tempo eleitoral facer balanzo do período vencido repasando as principais actuacións do labor de goberno ou oposición. A cidadanía e as organizacións sociais tamén debemos avaliar se non en continuo, cando menos cada 4 anos, o acontecido.
30/06/2020
Hoxe pecha a segunda instalación industrial de Galiza con maiores emisións de CO2, despois da térmica das Pontes. O movemento ecoloxista, a través de"Galiza, un futuro sen carbón" celébrao como un importante logro na loita contra a mudanza climática
29/06/2020
Os residuos do lindano, un pesticida canceríxeno fabricado por Zeltia nos anos 50 e 60 no Porriño seguen a ser un problema 60 anos despois. Arestora descoñécense todos os lugares de vertedura e mesmo áreas "tratadas" carecen de mantemento e hai fugas
18/06/2020
Máis de 6500 noticias ambientais en debuxan os intereses mediáticos en 2019: as problemáticas mais tratadas son a contaminación e os residuos, a crise climática e a perda de biodiversidade, sen esquecer os incendios.
12/06/2020
ADEGA presenta o Informe “5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña” para introducir a súa perspectiva no debate social xerado arredor do futuro de Alcoa e do desenvolvemento socio-económico da Mariñ