Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
03/11/2020
ADEGA secunda, xunto con outras 60 organizacións de todo o Norte e Noroeste peninsular o manifesto "Aquí non" sobre as ameazas de novos aproveitamentos enerxéticos na Cordilleira Cantábrica.
28/10/2020
A devesa de Anllares, ao carón do río Xallas, leva décadas sofrindo as consecuencias do esquecemento -intencionado- das institucións. Recurtada, fragmentada e agora ameazada polos eucaliptos, urxe xa a súa protección!
22/10/2020
Iberdrola está a tramitar outro megaproxecto hidroeléctrico de 900 MW usando como "depósitos" os encoros de Cenza e Bao. Máis de 15 km de túneis, unha central en caverna a 600 m baixo o Macizo Central e millóns de m3 de entullo en plena RN2000...
15/10/2020
As recentes verteduras ao Eume augas abaixo do encoro da Capela e que acaban de provocar a declaración de emerxencia no río son un episodio máis da triste historia dunha canle maltratada pola minaría e esquecida polas administracións.
09/10/2020
ADEGA, entre outras entidades, demanda ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente que actúen inmediatamente contra a erosión e a perda de solo e biodiversidade nos espazos naturais asolados polo lume.
07/10/2020
Na AAI (Autorización Ambiental Integrada) aprobada en xuño deste ano, a Xunta permitíu a ALCOA seguir superando os límites de emisión de contaminantes no complexo de San Cibrao. A razón? Os altos custos que suporía para a empresa cumprir coas leis...