Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
20/11/2020
ADEGA rexeita que a Xunta permita a actividade cinexética durante a vixencia das medidas de restrición de mobilidade motivadas pola evolución da Covid-19 en Galiza e critica que se volva utilizar a caza do lobo como instrumento político.
19/11/2020
Uns 60 colectivos galegos, entre eles ADEGA, lanzan o manifesto "Aldeas con Horizonte" contra a implantación irracional e abusiva de proxectos eólicos no país e por un novo marco regulador en materia de enerxía eólica máis sostíbel, social e xusto.
14/11/2020
ADEGA vén de remitir unha carta de apoio á titular do Ministerio de Transición Ecolóxica á proposta de elevar o status de protección do lobo ao Norte do Douro, e rexeita os argumentos da Xunta para rexeitar a medida.
11/11/2020
As 26 granxas de visóns radicadas en Galiza (as 3/4 partes do Estado), alén de supoñer un elevado risco biolóxico para os ecosistemas, poden ser un vector de dispersión de novas cepas de COVID-19. A que agarda a Xunta para decretar o seu peche?
04/11/2020
Augas de Galiza aproba o transvase temporal de tres regos contaminados á balsa de Vieiro, dando á mineira de Touro unha marxe de 6 meses para buscar unha solución definitiva. Todo aponta a que outro proxecto mineiro está ao caer...
03/11/2020
A plataforma "Galiza, un futuro sen carbón", da que fai parte ADEGA, reclama transparencia sobre os resultados das probas de co-combustión de carbón e residuos orgánicos na central de As Pontes.