Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
12/02/2021
Co novo Plano Forestal a Xunta pretende “branquear” décadas de desleixo administrativo e descontrol co eucalipto. O lobby pasteiro-enerxético está de noraboa e xa pode ir dispoñendo de máis cadeiras nos seus consellos de administración...
10/02/2021
Tras a xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicaisque se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza reuníronse onte co PSOE e o BNG.
04/02/2021
ADEGA cualifica de histórica a decisión da Comisión Estatal do Patrimonio Natural que aprobou incluír o lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que suporía que a especie deixase de ser cazábel, tamén en Galiza.
03/02/2021
Unhas 80 entidades, entre as que se atopa ADEGA, forman parte da "Alianza Energía y Territorio" (ALIENTE) que xorde a nivel estatal para unir forzas na defensa da biodiversidade fronte as enerxías renovábeis a grande escala.
28/01/2021
Sanidade exceptúa do cumprimento do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro e da Orde do 26 de xaneiro de 2021 a caza de lobo e xabaril. Porén, non se poderá cazar raposo.
27/01/2021
ADEGA non descarta acudir a instancias europeas ou á propia Fiscalía de Medio Ambiente se a Xunta ou o Goberno do Estado non pechan as granxas de visón polo elevado risco sanitario, en aplicación da normativa vixente.