Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
20/04/2021
A plataforma "Por un Monte Galego con Futuro" vén de solicitar á Fiscalía de Medio Ambiente que investigue o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses, derivados de queimas "controladas" e que afectaron a espazos Rede Natura.
14/04/2021
ADEGA considera unha temeridade por parte da Xunta admitir a trámite a ampliación de granxas de visón americano en plena pandemia, sendo estas instalacións grandes focos de contaxio e téndose producido xa en dúas granxas galegas 2 surtos de Covid-19.
08/04/2021
ADEGA pon a disposición da cidadanía un formulario en liña (http://bit.ly/denunciaforestal) para facilitar a denuncia de plantacións e cortas ilegais no monte galego.
06/04/2021
ADEGA, Amigos da Terra, AGCT, Verdegaia, GN Hábitat, SGHN e SGO esixen coñecer os 10 proxectos presentados pola Consellaría de Medio Ambiente ao fondos "Next Generation" e instan de novo á Xunta a cumprir coa normativa ambiental.
25/03/2021
O parque eólico "Alto Cabrera" pretende convertir en polígono industrial a alta montaña galega. Quilómetros de pistas, enormes desterros e milleiros de toneladas de formigón entre aguias reais e osos... É o capitalismo verde!
18/03/2021
O anuncio da moratoria por parte da Xunta de Galiza, no canto de frear as ansias eucaliptizadoras dalgúns propietarios forestais, está a alentar a proliferación de novas plantacións, mentres esta medida non teña unha aplicación efectiva.