Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
13/11/2021
A mineira de Touro non deixa de enredar para reverter o rexeitamento administrativo á mina. Desta volta é un "proxecto integral de drenaxe" previo á pretendida reapertura, que segue sen solucionar os pasivos ambientais acumulados nos últimos 30 anos
11/11/2021
ADEGA trasladou ao Ministerio as propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos pretenden mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é irreversíbel
04/11/2021
ADEGA vén de facer achegas ao plano hidrolóxico da bacía Galiza-Costa, un documento que está lonxe de dar resposta aos efectos da mudanza climática sobre os nosos ecosistemas humidos
30/10/2021
ADEGA asiste alarmada á última campaña “educativa” que está a desenvolver o lobby do eucalipto nos centros de ensino públicos de Galiza e advirte aos docentes e á sociedade galega en xeral da intención desta campaña.
27/10/2021
8 meses despois de denegar o proxecto, a Xunta aínda non resolveu o recurso de reposición presentado pola mineira en marzo. Aínda que o silenzo é negativo pasado un mes, a lei obriga a unha resolución expresa, que mesmo podría ser estimatoria...
26/10/2021
No día no que entra en vigor o novo Plan Forestal de Galicia 2021-2040, ADEGA dá conta dos primeiros resultados da súa campaña de denuncia de plantacións ilegais, iniciada tras o anuncio da moratoria do eucalipto por parte da Xunta.