Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
21/12/2021
O número 85 da Revista CERNA inclúe o especial "Vaga Eólica" e artigos sobre outras loitas históricas do ecoloxismo galego, como ENCE ou a Mina de Touro.
17/12/2021
Logo de tentalo en 2016, a mineira de San Fins pretende verter de novo millóns m3 de augas contaminadas á ría de Noia. O estrano é que a Xunta siga a tramitar un permiso caduco que permitiría á empresa reabrir unha mina sen estudo de impacto
11/12/2021
Galiza volveu ser contundente! Máis de 5000 persoas saímos á rúa hoxe, Día Internacional das Montañas, para reclamar unha moratoria real e efectiva de todos os proxectos eólicos en tramitación e a derrogación do Plan Eólico!
26/11/2021
Con motivo do Día mundial das Montañas, o 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non”, da que fai parte ADEGA, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica.
22/11/2021
Medio Ambiente enviou cartas aos concellos aderidos á planta de Lousame por supostos incumprimentos da normativa de residuos, exixindo melloras e ameazando con subas nas taxas. Das ruinosas cifras de SOGAMA, nin chío...
18/11/2021
ADEGA pon de relevo varios casos de plantacións ilegais de eucalipto en brañas e hábitats de conservación prioritaria para a UE, que son ignorados pola Administración con argumentos falsos.