Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
11/03/2022
Esta xa é a 21ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista.
09/03/2022
A Serra do Xistral alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000. Por se fora pouco, agora pretenden construir unha central de bombeo en caverna de case 1 GW. Somos carne de canón para as eléctricas!
25/02/2022
Diante dos últimos acontecementos que se están a desenvolver na Ucraína e o Donbass, ADEGA súmase ao rexeitamento social á guerra e ás reclamas da Plataforma Galega Contra a OTAN.
15/02/2022
ADEGA e a PDCC veñen de recibir notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) pola que se dá conta da admisión a trámite dos recursos contencioso-administrativos interpostos contra a autorización de tres parques eólicos de Greenalia.
08/02/2022
En xuño de 2021 o Ministerio acordou paralisar a admisión de novos parques eólicos mariños mentras non se aprobara un marco nomativo propio para o sector. Porén, en novembro pasado ano admitíu a trámite un parque de 1,2 GW fronte á costa ártabra...
02/02/2022
O Ministerio amplía os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez máis reducidos...