Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
28/09/2022
As aparicións de aves mortas ou con síntomas de infección por gripe aviaria aumentan nas costas galegas. ADEGA insta á Xunta a adoptar medidas urxentes para frear o actual andazo, que xa se se está a revelar como moi agresivo noutros países de Europa
22/09/2022
O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos.
20/09/2022
ALCOA vén de presentar un novo proxecto de recrecemento do depósito de lamas vermellas. O dique está chegando aos 98m e a empresa quere aumentalo aos 104 para seguir vertendo. Pedimos á Xunta que rexeite novas ampliacións e peche a balsa na cota 100m
19/09/2022
As seis entidades que integran o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), entre as que está ADEGA, recorren no Tribunal Supremo o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2023 e a zonificación ambiental do MITERD.
15/09/2022
ADEGA advirte que as mortaldades de gaivotas e outras aves acuáticas por botulismo pasaron de ser episodios extraordinarias a recorrentes, e insta á Xunta a identificar canto antes os focos da doenza e a tomar medidas.
31/08/2022
Un equipo técnico-xurídico de ADEGA está estes días en Bruxelas, convidado pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, para denunciar a grave e sistemática vulneración das Directivas comunitarias no actual proceso de implantación eólica.