Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
21/10/2022
ADEGA inicia unha campaña de recadación solidaria para acadar os 20.000 euros que o TSXG require como caución ou aval para facer efectiva a paralización cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia.
20/10/2022
O recente gromo do virus da gripe aviaria H5N1 nunha granxa de visóns de Carral volta poñer o foco sobre os riscos destas instalacións para o medio ambiente e a saúde das persoas
19/10/2022
ADEGA e a Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural celebrarán mañá en Santa Comba un acto informativo sobre os parques eólicos de Greenalia Bustelo-Campelo-Monte Toural e da súa situación tras os autos de paralización cautelar do TSXG.
17/10/2022
Este é o segundo parque eólico de Greenalia que o TSXG paraliza cautelarmente dos tres que foron recorridos este ano en vía contenciosa-administrativa por ADEGA e a PDCC. O Tribunal esixe ás entidades recorrentes un depósito de 20.000 euros.
13/10/2022
As entidades de “Por un Monte Galego con Futuro”, da que fai parte ADEGA, presentaran en agosto denuncia na Fiscalía contra a Xunta como responsábel. A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto.
10/10/2022
ADEGA, SGO e FOP conseguen dar carpetazo final ao proxecto eólico Serra do Iribio no Tribunal Supremo, cuxas obras levaban tres anos paralizadas cautelarmente. As ecoloxistas esixirán a restauración das zonas afectadas.