Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
16/11/2022
A editorial Galaxia doará a ADEGA un 5% da recadación obtida das vendas da publicación "Prestige. 20 anos x 20 voces" como contribución á súa acción altruísta na defensa ambiental de Galiza.
14/11/2022
Centos de propágulos desta perigosa planta invasora están a aparecer en praias das Rías Baixas, á vez que poñen en perigo varias zonas húmidas galegas.
10/11/2022
Este ano cúmprense 20 dende que un petroleiro fendía e afundía perante nosas costas liberando a súa velenosa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia. Que cuestións fican pendentes 20 anos despois?
28/10/2022
Ao ter acadado o seu obxectivo nun tempo récord, finaliza a campaña de recadación solidaria promovida por ADEGA, a cal apela ao TSXG para que retire a obriga de caucións ás entidades sen ánimo de lucro.
26/10/2022
A campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos!", consegue facer efectiva a primeira das paralizacións cautelares dos tres proxectos eólicos de Greenalia, recorridos no TSXG por ADEGA e a PDCC. O PE Campelo xa está suspendido cautelarmente!
25/10/2022
Malia a que en xuño de 2021 o Estado aprobou unha moratoria para novos parques eólicos mariños, outra instalación "Galwind" de 1000 MW vén de iniciar o seu percorrido administrativo, e xa non é a primeira nin semella a última...