Revista CERNA

ADEGA Nacional

03/01/2023

2022: O ano da regresión ambiental e democrática polas macro-renovábeis

ADEGA fai unha valoración ambiental moi negativa de 2022 no ámbito galego e vaticina un 2023 moi duro na defensa do medio ambiente galego, tanto nas rúas como nos tribunais, fronte á invasión eólica de terra e de mar.

+info

23/12/2022

Os resultados do último censo do lobo non son tan optimistas como anunciou a Xunta

A Xunta debería asumir a protección do lobo en lugar de manobrar para excluilo da Listaxe de especies en réxime de protección especial

ADEGA cuestiona a satisfacción da Xunta ante o anuncio dos resultados do novo censo das poboacións de lobo en Galiza, parabenizándose a si mesma de ter aumentado en tres grupos máis con respeito ao anterior censo (2015).

+info

21/12/2022

A Revista Cerna afonda na problemática eólica e na protección dos espazos naturais de Galiza

A publicación abre unha xanela a experiencias positivas como a construción dun paso de fauna en Cecebre ou a promoción do "emprego verde".

+info

19/12/2022

O TSXG exime a ADEGA do pago de caucións para as paralizacións cautelares de Campelo e Bustelo

O TSXG rectifica e exime a ADEGA e á PDCC de ter que depositar caución algunha para facer efectiva a suspensión cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, ao tempo que ratifica a paralización cautelar dos mesmos.

+info

11/12/2022

Milleiros de persoas manifestáronse hoxe contra o espolio eólico das montañas galegas

Máis de 3000 persoas participaron nas 19 mobilizacións convocadas en diferentes localidades galegas pola coordinadora “Eólica Así Non”, con motivo do Día mundial das Montañas e contra o seu espolio pola invasión eólica.

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal