Revista CERNA

ADEGA Nacional

14/02/2023

As entidades ecoloxistas non asistiremos ao COGAMADS mentres a Xunta siga vetando o debate eólico

Pedimos o amparo da Valedora para exercer o noso labor como membros eleitos deste organismo

Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) ausentarémonos na vindeira sesión mentres a Xunta persista en impedir o debate sobre as consecuencias da vaga eólica no patrimonio natural galego.

+info

13/02/2023

Fin de semana de recuperación de espazos forestais con Cousa de Raíces

Este fin de semana houbo varias actuacións en terreos custodiados por entidades pertencentes a Cousa de Raíces. A custodia do territorio é un conxunto de estratexias que pretenden implicar propietarios e usuarios do terreo na conservación

+info

07/02/2023

As Xornadas "Temos Alernativa" convértense na lanzadeira cara a construción colectiva dun novo modelo enerxético para Galiza

Asistiron ás Xornadas “Temos Alternativa” máis de 350 persoas decididas a traballar colectivamente na creación dun novo modelo enerxético, no que prime o interese público, a sustentabilidade ambiental e a xustiza social.

+info

07/02/2023

O Goberno de España e a Xunta ameazan a poboación de aguia real en Galicia

Esta especie, da que non más de media ducia de parellas se reproducen cada ano en territorio galego, é unha das máis afectadas pola masiva implantación de polígonos eólicos e infraestruturas asociadas

+info

03/02/2023

Centos de persoas acudirán ás xornadas "Temos Alternativa" desta fin de semana en Pontevedra

O obxectivo das xornadas é encetar a construción colectiva e social dun modelo enerxético alternativo fronte ao espolio do territorio ao que nos volven someter os gobernos galego e estatal.

+info

01/02/2023

Logo de anos de desleixo e pasividade por parte da Xunta

ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian no ICOMOS (UNESCO) a afectación dunha canteira ao Camiño de Santiago Norte

Perante a pasividade e o desleixo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, que tolerou durante anos as actividades malia recoñecer os danos, vimos de acudir ao ICOMOS, comité estatal da UNESCO, para que faga valer a protección do Camiño

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal