Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
10/01/2024
Unha manchea de organizacións profesionais do sector do mar das rías de Arousa e Muros-Noia xunto con entidades ecoloxistas vimos de convocar unha manifestación en Compostela para o vindeiro 21 de xaneiro. Acude EN DEFENSA DO NOSO MAR !!
09/01/2024
A asociación ecoloxista chama á participación da cidadanía en limpezas formativas nos concellos de Muros, Noia, Porto do Son, Fisterra, Carballo, Cangas e Barreiros ante a marea plástica de pellets que sofre a costa galega.
08/01/2024
A importante extensión acadada pola marea de pellets plásticos que dende hai un mes está arribando á costa galega fai urxente a activación da situación 2 de emerxencia do Plano CAMGAL, como vén de reclamar ADEGA á Xunta.
04/01/2024
ADEGA insta á Xunta de Galicia e á demarcación de Costas de Galicia a que activen urxentemente o Plan de continxencias por contaminación mariña accidental ante a aparición nos últimos días de toneladas de microplásticos nas costas galegas.
20/12/2023
Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarios e do mar denunciamos publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia.
20/12/2023
ADEGA xa interpuxo no TSXG máis da metade dos recursos contencioso-administrativos previstos na campaña #Tipodesparalos e solicitou a paralización cautelar doutros tantos polígonos eólicos autorizados pola Xunta.