Revista CERNA

ADEGA Nacional

06/11/2024

Freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes

Os parques eólicos suspendidos cautelarmente no TSXG son Monte Festeiros, Outeiro Grande e As Penizas.

A proximidade das infraestruturas a espazos de Rede Natura foi determinante para a adopción das medidas cautelares.

+info

22/10/2024

ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II polos danos a un patrimonio xeolóxico único

Nin o estudo de impacto nin a DIA rexistraron a presenza do glaciar rochoso da Ruña e de hábitats prioritarios

As obras do parque eólico Ruña II están a destruír valiosos restos xeolóxicos de 100.000 anos de antigüidade, con afectación tamén a hábitats higrófilos que non foron considerados na DIA

+info

17/10/2024

ADEGA e PDCC conseguen paralizar cautelarmente outro proxecto eólico na montaña de Lugo

ADEGA e PDCC conseguen paralizar cautelarmente no TSXG o polígono eólico Serra de Liñares, nos concellos lucenses da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, a instancias do FDXCC.

+info

08/10/2024

Especies ameazadas e endemismos inzan o territorio que pretende ocupar o complexo de ALTRI-Greenfiber

Segundo un estudo dun grupo de investigación da USC

Datos colleitados polo grupo de investigación de análise e conservación da biodiversidade da USC amosan a presenza de 4 especies botánicas ameazadas, tres delas endemismos estritos, no territorio que pretende ocupar ALTRI.

+info

07/10/2024

A Xunta inicia unha campaña para silenciar a milleiros de persoas e colectivos opostos a Altri

ADEGA súmase á denuncia de Ulloa Viva e PDRA pola "campaña" da Xunta que procura impedir a milleiros de persoas e colectivos alegar contra Altri. Anúnciase unha mobilización nacional para o 15 de decembro en Compostela.

+info

03/10/2024

O TSXG tomba de forma cautelar o macroproxecto eólico de Vila de Cruces

ADEGA consegue frear en sede cautelar os proxectos eólicos Cunca e Mesada, que forman parte dun macroproxecto eólico canda a Rodeira, paralizado cautelarmente xa no pasado mes de xuño.

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal