Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
20/11/2013
Acordamos apresentar recurso de casación perante o Supremo e logo ir ao Constitucional como pasos necesarios para chegar a Europa. Non confiamos na xustiza española: Retratouse perfectamente coa vergoñenta e aldraxante sentenza do Prestige.
13/11/2013
A sentenza do caso Prestige evidencia a prática impunidade coa que operan as petroleiras e os seus monicreques institucionais. Ningún responsábel nin procesado nin condeado e 0€ de indemnizacións. Sentenza "marca España"
08/11/2013
A herdanza de Borregón na Frouxeira: Actividades degradantes sobre poboacións de especies protexidas, rozas de hábitats naturais, pesca e trampeo ilegal, caza con munición de chumbo...
05/11/2013
Cañete retirou o bambú do catálogo español de especies invasoras e Feijóo prepara un decreto de cultivos enerxéticos que permitirá o cultivo masivo desta especie invasora nos nosos montes con destino aos fornos das eléctricas
31/10/2013
Alén de reducir prazos, eliminar garantías e recurtar a participación pública, a Lei de Avaliación Ambiental que o PP aprobou en solitario introduce unha nova ferramenta especulativa para a privatización do ambiente: Os "bancos de hábitats"
25/10/2013
Os Orzamentos de 2014 apresentados pola Xunta confirman a desaparición de facto das políticas públicas ambientais. Dende que chegou Feijóo o ambiente galego perdeu 198 millóns de € e áreas como Conservación da Natureza reduciron un 91% os seus fundos