Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
11/12/2013
A Deputación da Coruña aprobou un convenio con AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) por un importe de 170.000€, achegando a entidade provincial 150.000€. AGADES ten 25 socios e carece de traxectoria ambiental. Onde hai padriños...
04/12/2013
A Xunta sacou a consultas o Plano de Conservación da Frouxeira-Valdoviño. O documento reforza as denuncias de ADEGA pola nefasta xestión da administración neste humidal: Incumpriron a lei perxudicando gravemente ao espazo
28/11/2013
A enerxía renovábel, a xestión de residuos, as radiacións electromagnéticas, a contaminación por radón e as especies exóticas son algúns dos temas tratados nesta edición. O nº 70 de Cerna está enteiramente dispoñíbel en adega.gal/revistacerna.
26/11/2013
O grupo parlamentar do PP vén de retratarse hoxe no Parlamento como único defensor do uso do cianuro en minaría. Rexeitou aprobar unha proposición de lei redactada polos ecoloxistas galegos para prohibir o uso deste veleno en calquera mina do país.
25/11/2013
No Foro Europeo dos Residuos desta fin de semana en Pontevedra, o "taxazo" de SOGAMA foi un dos temas estrela. A preocupación dos concellos son os cartos, mais o que se debería cuestionar é o modelo. E hai alternativas reais que funcionan
20/11/2013
Feijóo vén de dar a pauta para evitar que os concellos repercutan a suba do canon do lixo: Saír de SOGAMA. Dende ADEGA animamos aos concellos a tomarlle a palabra e descobrir como no foro "Cara unha sociedade da reciclaxe, iniciativas e experiencias"