Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
13/10/2014
Nas últimas semanas realizáronse actuacións que poñen en perigo a conservación da Cova de Eirós, catedral da arte paleolítica galega, presuntamente por persoal da mineira COSMOS coa anuencia da Xunta e o concello
O concello de Lalín vén de apresentar un programa piloto de compostaxe en colaboración con ADEGA. Coa instalación de 100 composteiros na parroquia de Goiás imos reducir o lixo que vai a SOGAMA, millorar a separación e aforrar 8.000€/ano ao concello
01/10/2014
ADEGA e a Plataforma sarriana polo río critican en forma e contido o desestimento da Consellaría de medio ambiente do recurso de alzada interposto por ADEGA contra a denegación de inclusión do ameneiral do río Sarria no Catálogo de árbores senlleiras
29/09/2014
A VII limpeza simultánea de ríos amosa un ano máis a sensibilidade e compromiso ambiental que despertan os nosos ríos. A todos e todas, grazas por coidardes dos nosos ríos!
26/09/2014
Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados
16/09/2014
Pretenden fumigar 17.457 ha de eucaliptos na Coruña, Lugo e Pontevedra con tau-fluvalinato 10%, grazas a un permiso excepcional do Ministerio. Este tóxico, en combinación con outros ten tamén amosado efectos nocivos sobre as abellas