Revista CERNA

ADEGA Nacional

28/11/2014

ADEGA alerta sobre o uso masivo de lamas de depuradora en agricultura sen as debidas garantías

Nunha manchea de concellos e parcelas do país a Xunta autorizou o uso de lamas de depuradora como fertilizante. Esta práctica, realizada sen os debidos controis nen garantías, pode virar na contaminación difusa de terras e augas

+info

27/11/2014

Mesa sobre o Lixo Mariño no CONAMA e constitución da Asociación Estatal de Lixo Mariño

Este mércores 26 de novembro, celebrouse no CONAMA unha actividade sobre o lixo mariño. Houbo diferentes presentacións sobre esta problemática ambiental e ADEGA participou presentando a iniciativa de Limpezas simultáneas de praias.

+info

24/11/2014

ADEGA celebra a Semana da Prevención de Residuos... todo o ano!

Do 22 ao 29 de novembro celébrase a semana europea da prevención de residuos. Dende ADEGA traballamos todo o ano con obradoiros de sensibilización ambiental, seminarios, congresos e dinamizando novidosos proxectos de compostaxe por todo o país

+info

20/11/2014

Crónica do seminario ´Composta en Red´ e visita a iniciativas de xestión de residuos en Euskadi

ADEGA participou no seminario de “Composta en Red” para partillarmos experiencias de compostaxe caseira e comunitaria. O seminario tivo lugar en Vitoria-Gasteiz (Euskadi) e aproveitamos tamén para visitar as iniciativas de Azpeitia a Hernani

+info

19/11/2014

San Sadurniño pon en marcha o primeiro programa de recollida´porta a porta´no rural de Galiza

O lixo separado recollerase cas apor casa e a materia orgánica será compostada polos propios veciños nos seus fogares. Trátase do primeiro "porta a porta" que se pon en marcha en Galiza, coa novidade de aplicarse nunha área rural

+info

17/11/2014

Solidariedade cos activistas de Greenpeace brutalmente abordados polo exército español

ADEGA condena de forma unánime e contundente a inxustificábel e cruenta agresión sufrida por activistas de Greenpeace nunha protesta pacífica contra as prospeccións petrolíferas de Repsol en Canarias

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal