Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
25/06/2015
No suplemento SERMOS-ADEGA nº2 tratamos a problemática do uso e abuso dos biocidas no país. Fumigacións de eucaliptais, cultivos, beirarrúas e noiros compoñen unha auténtica Galiza tóxica
17/06/2015
A ONU adica este día a concienciar da loita contra a desertificación para manter a produtividade dos ecosistemas terrestres. Este 2015 reclámanse uns solos sanos. Porén monocultivos como o eucalipto ou a batata son unha ameaza á fertilidade da terra
04/06/2015
ADEGA asina un novo convenio coa Xunta de Galiza para a protección da píllara das dunas e eliminación de especies invasoras en espazos protexidos a través de voluntariado ambiental. As actuacións desenvolveranse ao longo de 2015.
03/06/2015
Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos. Será este 5, 6 e 7 de xuño. Consulta, datas, lugares, descarrega o protocolo de limpeza... Morte ao plástico!
01/06/2015
O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate!
22/05/2015
A ONU proclamou o 22 de maio Día Internacional da Diversidade Biolóxica. Este ano o lema é "Biodiversidade para o desenvolvemento sustentábel". Na Galiza, unha manchea de colectivos sociais amosamos como criar riqueza no rural sen desfacer a natureza