Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
22/05/2015
A ONU proclamou o 22 de maio Día Internacional da Diversidade Biolóxica. Este ano o lema é "Biodiversidade para o desenvolvemento sustentábel". Na Galiza, unha manchea de colectivos sociais amosamos como criar riqueza no rural sen desfacer a natureza
16/05/2015
A Fundación Eira da Xoana e ADEGA presentaron esta mañá o primeiro material divulgativo sobre o castro de Remonde e o seu contorno, editado coa colaboración da Vicepresidencia Primeira de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
13/05/2015
ADEGA vén de asinar coa Consellaría de M. Ambiente, através de Augas de Galiza e o Inst. de Estudos do Territorio, a continuidade do Proxecto Ríos para o 2015. 11 anos, 3 lexislaturas e milleiros de voluntarios/as avalan esta iniciativa de custodia
11/05/2015
A pedido da Xunta e das pasteiras, e logo dos ensaios en 2014, o Ministerio vén de autorizar a fumigación excepcional por 4 meses dos eucaliptais galegos con tau-fluvalinato, un potente insecticida, potencialmente tóxico para as abellas
O próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 8, 9 e 10 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007.
07/05/2015
ADEGA e a FEG veñen de denunciar unha plantación de eucaliptos na área de protección da RN2000 do Careón, nunha zona na que están presentes endemismos botánicos únicos no mundo e en perigo de extinción