Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
03/10/2016
ADEGA e outras organizacións vimos de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a situación do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño, ameazado polos eucaliptos
21/09/2016
ADEGA e A Mesa pola Normalización Lingüística vimos de denunciar un novo caso de discriminación, imposición e chantaxe lingüistica por parte da Xunta na tramitación dun expediente administrativo.
19/09/2016
O número 7 de Sermos-ADEGA preséntanos os valores científicos para a paleontoloxía e a arqueoloxía da Cova Eirós de Triacastela, o Libro da Historia máis recuada da Galiza. Tamén se relata a difícil loita de ADEGA por protexela de forma efectiva.
13/09/2016
ADEGA vén de coñecer os datos analíticos que confirman o sistemático incumprimento dos límites legais de contaminantes nos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro. Anos vertendo refugallos que nen sequera poderían saír da planta...
02/09/2016
ADEGA, SGHN, SGO e Hábitat denuncian a construción dun aparcadoiro, presuntamente ilegal, no espazo natural Vixía Herbeira, incluído no LIC Costa Ártabra. A obra estaría destinada ao servizo dos espectadores de "La Vuelta" o pasado 23 de agosto.
01/09/2016
O río Sar, no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón, corre un grave risco de quedar totalmente seco.